Como se xoga?
O obxectivo do xogo é contestar preguntas de seis temas diferentes (medio, animais, plantas, xente, varia e probas) para conseguir as pezas dun quebracabezas do termo municipal de Santiago de Compostela no menor tempo posible.
Terás que conseguir un total de 36 pezas, 6 por cada un dos temas das preguntas, que representan as 29 parroquias do municipio e os concellos limítrofes. Pero ollo, no caso de que xa acadaras as 6 pezas dunha temática e atines unha nova pregunta da mesma materia, só engadirás un acerto ao teu resultado, sen poder conseguir outro anaco do teu crebacabezas.